Life Timber for all
O pasado 12 de setembro de 2025 celebramos en Santiago de Compostela a xornada de lanzamento do proxecto LIFE Timber for All: Estruturas Mixtas Madeira–Formigón: Impulso da Construción Sostible e Industrializada en Galicia.
O encontro tivo lugar no Centro de Formación da Fundación Laboral de la Construcción e marcou o inicio oficial dun proxecto destinado á descarbonización do sector mediante solucións híbridas innovadoras.
🌱 Durante a mañá presentáronse os resultados do proxecto LIFE Wood for Future, que demostraron o potencial da madeira local para unha construción máis sostible. Tamén se introduciron os obxectivos e liñas de traballo de LIFE TIMBER FOR ALL.
🏗️ Pola tarde, as persoas asistentes participaron en visitas a obras con forxados mixtos madeira–formigón, onde puideron coñecer de primeira man a aplicación real destas tipoloxías construtivas en Galicia.
🤝 Participan en LIFE TIMBER FOR ALL 10 socios de España, entre universidades, centros tecnolóxicos, empresas do sector da madeira e da enxeñaría, administración pública e entidades de innovación:
- Pemade
- Universidade de Santiago de Compostela
- Rodiñas
- xilonor
- Universidad de Granada
- XERA Axencia Galega da Industria Forestal
- Fundación Galicia Constrúe
- Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia
- 3EDATA INGENIERIA AMBIENTAL SL
- Fundació ITeC - Institut de Tecnologia de la Construcció
- Institute for Advanced Architecture of Catalonia
Grazas a todas as persoas e entidades que participaron nesta xornada de inicio e que acompañarán este camiño cara a unha construción máis sostible, descarbonizada e industrializada.