Life timber for all

LIFE Timber for All presenta os seus avances en sistemas híbridos madeira-formigón no II Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora

O proxecto europeo LIFE Timber for All participou o pasado 23 de outubro no II Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora, celebrado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en Lugo.

LIFE Timber for All presenta os seus avances en sistemas híbridos madeira-formigón no II Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora

Samuel Arias Casares, de Prefabricados Rodiñas, presentou a comunicación oral «Development of hybrid timber–concrete structural products using low-carbon concrete (LIFE Timber for All Project)», un traballo desenvolvido en colaboración con investigadores de RODIÑAS, PEMADE-USC e CETIM.

Durante a súa intervención, deu a coñecer os avances do proxecto no desenvolvemento de elementos estruturais prefabricados híbridos madeira-formigón (ROD-TCC) e na utilización de formigóns de baixa pegada de carbono, dúas das liñas de investigación orientadas a impulsar solucións construtivas máis sostibles.

A xornada contou tamén coa presenza de María Portela Barral e Mónica Ruy, de PEMADE-USC, e permitiu compartir os resultados do proxecto con persoal investigador, estudantes de doutoramento e profesionais do ámbito científico e tecnolóxico, favorecendo o intercambio de coñecementos e a transferencia dos avances de LIFE Timber for All.