Life timber for all

Participa no Estudo de Opinión do proxecto LIFE Timber for All

O proxecto europeo LIFE Timber for All, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela (PEMADE) en colaboración cun consorcio de socios académicos e industriais, lanza o seu Estudo de Opinión Inicial.

Este estudo ten como obxectivo establecer a liña de base para medir o coñecemento, a confianza e a percepción do sector e da cidadanía sobre o emprego de madeira local de calidade en construción, as estruturas industrializadas híbridas madeira-formigón (gama ROD-TCC), a trazabilidade dixital e os valores da Nova Bauhaus Europea.

A quen vai dirixida a enquisa?

Queremos contar coa voz de toda a sociedade e dos diferentes profesionais vinculados á edificación e ao medio rural. Ao entrar no formulario, simplemente selecciona o perfil co que máis te identificas e o cuestionario adaptarase para amosarche unicamente as preguntas pensadas para ti:

🏛️ Arquitectura, Enxeñaría, Promoción e Administracións Públicas

🏭 Industria da Construción, Prefabricados e Madeira

🌲 Sector Forestal, Propietarios do Monte e Serradoiros

🎓 Universidades, Centros de Investigación e Formación

🏡 Cidadanía en xeral e persoas interesadas na vivenda sostible

⏱️ Tempo de resposta: Menos de 4 minutos. 🔒 Privacidade: 100% anónimo e suxeito ao RGPD.

👉 [Fai clic aquí para responder á enquisa]

As túas respostas serán fundamentais para avaliar a transformación e o derrubamento de barreiras no sector da edificación ao longo da execución do proxecto.

LIFE Timber for All recibe a visita do alumnado do CEGOR en PEMADE

O pasado 4 de setembro, PEMADE recibiu a visita do alumnado do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación (CEGOR), organizado pola Fundación Laboral de la Construcción.

Durante a xornada, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os produtos desenvolvidos no marco do proxecto LIFE Timber for All, así como os ensaios de longa duración que se están levando a cabo nos laboratorios de PEMADE sobre os sistemas mixtos madeira-formigón.

O proxecto LIFE Timber for All impulsa a transferencia de resultados na xornada técnica da Red Lignomad

O proxecto LIFE Timber for All impulsa a transferencia de resultados na xornada técnica da Red Lignomad

No marco das accións de replicabilidade, transferencia de resultados, comunicación e difusión (WP7 e WP8) do proxecto LIFE Timber for All, investigadores da Universidade de Granada (laboratorio UIMA) participaron o pasado 20 de xullo na xornada técnica organizada pola Rede Lignomad, que reuniu en Cataluña profesionais de toda España vinculados á xestión forestal, á industria da madeira e á construción con madeira.

LIFE Timber For All impulsa en Santiago unha xornada sobre metodoloxía NEB e construción con madeira en España

Este luns, 22 de xuño, na sede da Fundación Laboral da Construción en Santiago de Compostela, a xornada “Metodoloxía NEB e construción con madeira en España”, un encontro orientado a abrir unha conversa estruturada con axentes relevantes do sector arredor dun reto clave: adaptar o marco metodolóxico da Nova Bauhaus Europea (NEB) ao contexto da construción industrializada con madeira en España.